Article épinglé

Affichage des articles dont le libellé est Castelao. Afficher tous les articles
Affichage des articles dont le libellé est Castelao. Afficher tous les articles

lundi 21 juillet 2025

Castelao na Unión Soviética: "Pareceume que estaba na Galiza"

 FONTE: https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/castelao-union-sovietica-pareceu-que-estaba-galiza/20250719190914228606.html

O historiador Carlos Morais vén de dar ao prelo un estudo en Abrente Editora sobre a estadía de Daniel Castelao na Unión Soviética entre abril e maio de 1938. O volume titulado "26 días de Castelao na URSS" achega a visión do dirixente nacionalista sobre a viaxe e o socialismo.

Foto Delegaçom visita Moscovo. Crónica 19.6.1938
Castelao, canda outros integrantes da delegación do Goberno republicano que visitaron a Unión Soviética en 1938, ao seu retorno en Barcelona en xuño de 1938. (Foto: Crónica)

Castelao botou 26 días na Unión Soviética entre abril e maio de 1938. A súa visita á URSS enmarcouse nunha viaxe dunha delegación do Goberno republicano para asistir aos actos do Primeiro de Maio en Moscova. Na comitiva estaba, tamén, presente Virxinia Pereira.

O dirixente nacionalista deixou múltiples testemuñas da viaxe así como diversas reflexións sobre o sistema soviético. A este respecto, Morais "asegura que Castelao nunca foi comunista, mais si admirador, simpatizante e defensor da URSS" e apunta que "eses 26 días deixaron unha forte pegada en Castelao, que ideoloxicamente situamos nos parámetros do nacionalismo galego de esquerda radicalmente antifascista e antiimperialista"

As primeiras impresións de Castelao sobre a URSS, após un mitin na cidade de San Petersburgo, naquela altura denominada Leningrado, non deixan de sorprender. Así, sinalou,  que "me pareceu que estaba na Galiza, porque os tipos rusos son exactamente iguais. En xeral, deu-me a sensación de que estaba nun mitin nunha aldea galega".

O 10 de maio de 1938, nunha entrevista concedida ao diario Trud antes de abandonar Moscova con destino a Ucraína e Azerbaixan, Castelao afimrou  que "viñemos aquí para coñecer a súa enorme experiencia revolucionaria. Notamos nos ollos dos cidadáns soviéticos algo que, por cima de todo, fainos falta agora: un amor, unha compaixón pola nosa grande loita".

"O único pobo que nos defende de cheo é o pobo soviético", continúa Castelao, "por iso que a primeira palabra que aprendemos aquí é spsibo (obrigado). Agradecémosvos o voso cariño e a vosa hospitalidade, a vosa axuda. As horas que pasamos aquí ficaran na nosa memoria como o mellor das nosas vidas".

A prensa soviética ocupouse da obra de Castelao. Así, Pravda, órgano do comité central do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), sinala na súa edición de 11 de maio de 1938  que "un dos membros da delegación obreira (...) é un destacado pintor e artista revolucionario español, Castelao. Trouxo a Moscova unha serie de debuxos que, con grande mestría e realismo, mostran os horrores e barbaries fascistas”.

O dramaturgo soviético Alexander Viliamovich Fevralski, nun artigo publicado nesas mesmas datas na revista Iskusstvo titulado A arte na República española, escribía "o artista galego Alfonso R. Castelao, deputado das Cortes (o Parlamento español) é autor dunha serie de gravados de grande forza expresiva”, describindo a continuación o contido dos gravados de Galiza mártir.

O traballo de Morais recolle toda unha serie de reflexións e análises de Castelao sobre a Unión Soviética. Nos mesmos o dirixente nacionalista, destaca a aposta do Goberno da URSS polas linguas minorizadas e pola "liberdade das nacionalidades soviéticas" como lle lembrou nunha carta a Rodolfo Prada.

"O fío vermello do movemento de afirmación nacional galego"

Morais explica que "Castelao é continuador do fío vermello do movemento de afirmación nacional galego, que de Rosalía de Castro, pasando por Manuel Murguía, simpatiza con o socialismo utópico e posteriormente co socialismo científico"

"Castelao non foi unha anomalía nin un verso solto no movemento nacionalista da altura", continúa Morais, quen lembra a influencia no seu pensamento e en todo o nacionalismo dos anos 20 e 30 das achegas teóricas de Ramón Vilar Ponte. Neste punto, destaca as análises recollidas na súa Doctrina Nazonalista de 1921, "onde presenta o nacionalismo